Site icon Crónica3.com A Mariña

Primeira xuntanza en Ribadeo sobre os FP Dual

O Cabazo acollerá a primeira xuntanza sobre os sistemas de Formación Profesional o sábado 16 de novembro co obxectivo de dar a coñecer o profesorado e empresarios do sector os distintos sistemas de formación profesional que hai en outros países.

Serán unha xornada de sete horas que darán comezo ás 09.30 horas nas que intervirán Mª Eugenia Pérez Fernández (Subdirectora Xeral de FP) como representante de APAGA e Paul Gliet (profesor do centro Berufskolleg Warendorf – Münster) para falar sobre a formación profesional Dual en Alemaña.

Pero tamén haberá lugar para as experiencias de FP Dual. Sobre a familia profesional de T. e M. de Vehículos de Madrid falará David Gil Garrido Profesor do (CIFP Profesor Raúl Vázquez); sobre a FP Dual en Asturias, Andres Álvarez López e Ismael Carnero Menéndez, profesores do CIFP Avilés e sobre a T. e M. de Vehículos de Galicia, achegarán as súas experiencias Senén Fernández Rodríguez e Julián Malvar Blanco, profesores do I.E.S Universidade Laboral de Ourense; ademais de Bernardo J. Rodríguez Vázquez (Unidad de Vehículos Industriales, S.A de Ourense).

Despois do xantar de traballo, ás catro da tarde haberá un coloquio para elaborar conclusións sobre a FP Dual.

Exit mobile version