Site icon Crónica3.com A Mariña

Radiando Igualdade

foto-radioO Concello de Ribadeo organizou un concurso de guións radiofónicos denominado Radiando Igualdade, co obxectivo de fomentar a igualdade entre mulleres e homes desde o ensino. O concurso desenvolveuse durante os pasados meses de abril e maio. E os alumnos/as do colexio Sagrado Corazón, que participaron na convocatoria, elaboraron varios programas de radio nos que abordaron cuestións coma a presenza da muller na política, no deporte, na prensa, na música ou no ensino. Entre todos os guións presentados o xurado, formado por xornalistas de Ribadeo e pola responsable do CIM, Luisa González, decidiu que o gañador fose o realizado por Ana Peña, Mireya Flórez, Paula Orol e Yanira Reimundo. O premio: grabar o seu guión e emitilo por unha emisora local, neste caso COPE de la Costa. O programa de radio que gañou dito concurso foi emitido este mediodía en Costa Viva, informativo que dirixe e presenta Juana Carrera.

Exit mobile version