Na miña opinión esta situación é unha grande incongruencia porque precisamente por ser a rúa Deputación parte do Camiño de Santiago debería estar máis protexida a zona establecida para os peóns, xa que é o lugar por onde pasan centos de peregrinos, sobre todo durante a primavera e o verán.
Pero o máis grave é que nunha rúa destas características vemos continuamente como circulan coches a grandes velocidades, como se fose un circuíto de rallys. E, por se fose pouco, algúns, con demasiada frecuencia, pasan en sentido contrario ao permitido.
Afortunadamente non houbo que lamentar ningún accidente grave de momento. Pero se isto segue así e ninguén fai nada por arranxar esta situación o sinistro pode producirse en calquera momento. E as vítimas podemos ser os residentes na rúa, outros veciños ou incluso peregrinos. Se desgraciadamente algún día ocorre e os afectados son algúns dos que pasan cara a Santiago para gañar o xubileu o suceso terá máis repercusión e seguramente se tomarán medidas para mellorar a seguridade nesta rúa. Pero os veciños de Ribadeo tamén temos dereito a transitar por ela sen o temor constante a ser atropelados.
Beni Mántaras.