Site icon Crónica3.com A Mariña

RegalXunqueira acollerá a reunión do xurado do I Certame de Artesanía ‘Alma da Artesnía’ da Mariña

Este mércores 27 de novembro, ás 11.30 horas da mañá, no Complexo Cultural RegalXunqueira, reunirase novamente o xurado para emitir o fallo do I Certame de Artesanía “Alma da Artesanía” de A Mariña de Lugo.

O xurado estará formado por sete membros:
– Manuel González, presidente da organización estatal de artesáns OFICIO Y ARTE e de AGA
– Regina Polín, responsable do Centro de Artesanía e Deseño de Lugo
– Elena Fabeiro, xerente do Centro de Artesanía e deseño de Galicia
– José Manuel Vázquez Leirado, xefe Territorial da Consellería de Economía e Industria
– Míriam González Ruibal, profesora de arte e licenciada en “Belas Artes”
– e o artesán Alfonso Otero Regal.

Neste certame, patrocinado pola Axencia de Turismo de Galicia, a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense e coordinado por Alfonso Otero Regal, contará con dous premios gañadores: un na categoría de Artesanía Tradicional e o outro en Artesanía Contemporánea, cada un deles cunha dotación económica de 1.000 euros. Ademais haberá 10 premios adquisición, 5 para cada unha das categorías, cunha dotación de 300 euros cada un deles.

Entre as categorías dos finalistas están: alfarería, cerámica, cuchillería, torneado en madeira, carpintería, restauración de mobles, encaixe tradicional, xoiería, bixutería, carpinteiro de Ribeira, redeira, iluminación…

Unha vez outorgados os premios en acta, celebrarase a exposición das pezas premiadas, entregarase un diploma, a dotación económica correspondente e unha estatuíña a cada un dos gañadores. A estatuíña é realizada especificamente para esta ocasión por Regal Cerámicas, e igualmente, faráselles entrega a cada un dos membros do xurado.

Exit mobile version