Site icon Crónica3.com A Mariña

Representacións teatrais en San Martiño e Sala Bahía

A Delegación de Cultura do Concello de Foz, que dirixe o concelleiro Ánxel Paleo, organiza dúas representacións teatrais para esta fin de semana. Este venres ás nove da noite no local da asociación de veciños de San Martiño o grupo Axóuxeres, de Vilaronte, ofrecerá dúas obras: as comedias tituladas Véndese mula e A Pousada. E o sábado, día 30, ás seis e media da tarde na sala Bahía haberá un espectáculo de teatro infantil a cargo da compañía Microminia, que representará a obra No fondo do mar.

Exit mobile version