Site icon Crónica3.com A Mariña

Ruta Costa de Xove III

OLYMPUS DIGITAL CAMERAO vindeiro domingo 10 de novembro, o Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE, organiza a Ruta COSTA DE XOVE III, como Xornada de Clausura da Tempada 2013. Ó final da ruta, farase un xantar de confraterniadade no Restaurante A Cancela de Morás (máis coñecido por A Ponza), a base dun cocido galego. Dende o grupo de sendeirismo da ACD. Xove agradecen á Fundación Alcoa e ó Concello de Xove que acondicionaran a ruta, pois grazas a eles empeza a ver a luz un proxecto que levaban na cabeza dende fai anos: facer unha RUTA DE SENDEIRISMO por toda a Costa do Concello de Xove. A ruta será gratuíta para tódolos participantes e a saída farase dende a aldea de Vilachá, as 10:00 horas da mañá percorrendo parte da Costa de Xove; dende a Punta da Mansa ata o Cabo Morás (15,5 km de percorrido). Os interesados en recibir máis información ou inscribirse poden dirixirse á piscina municipal de Xove ou ao teléfono 618 976 159.

Exit mobile version