Site icon Crónica3.com A Mariña

Samuel Juárez visita as obras do tramo lucense do Camiño Natural da Ruta do Cantábrico

camino-cantabricoFoz, 21 de novembro de 2013.- O delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, visitou este venres as obras de construcción do tramo lucense do Camiño Natural do Cantábrico. Esta actuación, financiada polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (MAGRAMA), a través da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural e Política Forestal, supón unha inversión de 900.000 euros na comarca da Mariña.

O Camiño Natural da Ruta do Cantábrico en Lugo responde aos obxectivos do Programa de Camiños Naturais do MAGRAMA, que pretende crear unha infraestructura que responda á demanda de ecoturismo, e que promova os valores de sostibilidade mediante a educación ambiental.

O camiño, cuxa execución comezou simultáneamente en varios puntos, ten unha lonxitude de 133 quilómetros repartidos entre os termos municipais de Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro e O Vicedo. Todos os tramos están pensados e deseñados para que os visitantes poidan disfrutarlos a pe ou en bicicleta. En función do terreo, o camiño terá unha anchura que varía entre os 1,50 e os 4,50 metros, con terminación do firme en zahorra artificial, madeira, terra e acerados.

O delegado estivo acompañado, durante a visita, polo subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, a Directora Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (MATTI), Verónica Tellado e o alcalde de Foz, Javier J. Castiñeira, entre outras autoridades.

Tal e como subliñou Samuel Juárez, “coa creación deste Camiño impúlsase o desenvolvemento sostible da zona, mediante a potenciación dos recursos económicos coa promoción do seu uso e a súa divulgación tanto no ámbito nacional coma internacional. Hai que destacar, engadiu, que, ao longo da ruta, se atopan tres das catro Zonas de Especial Protección de Aves (ZEPAs) existentes na provincia e outros tantos Lugares de Interese Comunitario (LIC). Ademais pódense visitar lugares de gran interese relacionados co patrimonio histórico como dólmenes e numerosos monumentos da época medieval así coma mostras de arquitectura industrial”, resaltou.

COLABORACIÓN ESTADO-XUNTA
A realización desta obra enmárcase no convenio entre o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e a Consellería de MATTI Segundo dito convenio, o Ministerio comprométese ao financiamento directo da obra, sendo a Consellería a responsable da redacción do proxecto, a tramitación ambiental, así coma da conservación e o mantemento do camiño unha vez finalizadas as obras.

Exit mobile version