Site icon Crónica3.com A Mariña

“Sen seu amor” de A Adala inaugura o Outono de Teatro en Alfoz

Sen Seu Amor_A AdalaO pasado sábado, día 2 de novembro, iniciouse o Outono de Teatro en Alfoz, cunha obra da autoría de Francisco Piñeiro, representada polo grupo teatral “A Adala” de Fazouro. En concreto foi a obra titulada “Sen seu amor”, baseada nun feito real acontecido en Foz aló polo ano 1920, unha historia de amor protagonizada por Emérita e Nicanor.

O Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz rexistrou un cheo case total. O Outono de Teatro continuará o vindeiro sábado día 9 cunha obra do grupo de teatro de Aspanane, de Viveiro, titulada “Y ahora, ¿con quién me caso yo?”, orixinaria de Carmen Varela Vázquez.

As representacións teatrais continuarán en Alfoz durante todas as fins de semana de novembro.

Exit mobile version