
Os adultos barreirenses acuden a un taller de técnicas de relaxación, respiración e concentración que se imparte no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro os luns e os venres de 10:30 a 11:30 horas durante os meses de novembro e decembro. Esta actividades está organizada polo Concello de Barreiros, a través da Omix e da biblioteca pública.