Site icon Crónica3.com A Mariña

Trala sexta xornada da Liga de Veteranos de Viveiro, continúan a mandar os mesmos

Óscar Joyeros, Punto Galego, Forum, Gato Pardo, O Recuncho, O Mesón e Soho suman tres novos puntos na súa clasificación da Liga de Veteranos de fútbol sala de Viveiro despois de disputar os respectivos partidos da sexta xornada.

Deste xeito, Gato Pardo e O Recuncho encabezan a clasificación con 18 puntos; mentres que a un partido se atopa O Mesón (con 15). Empatados a 12 puntos atópanse Óscar Joyeros, Cofipesca e Punto Galego. Pechan a clasificación, pola contra, Soho cos tres puntos acadados nesta xornada tras gañar A Curva e empatado co Temple. Lodeiro e Os Arcos continúan sen puntuar.

E a vindeira semana agárdanse os seguintes enfrontamentos no pavillón municipal:

– O Recuncho – Óscar Joyeros: luns 25 ás 20.30 horas.
– Forum – Gato Pardo: luns 25 ás 21.15 horas.
– O Mesón – Temple: luns 25 ás 22.00 horas.

– A Curva – Punto Galego: xoves 28 ás 20.30 horas.
– Lodeiro – Soho: xoves 28 ás 21.15 horas.
– Flanagans – Cofipesca: xoves 28 ás 22.00 horas.
– A Fonte – Os Arcos: xoves 28 ás 22.45 horas.

Exit mobile version