Site icon Crónica3.com A Mariña

Nova modalidade de atención sanitaria a domicilio, tema da última charla médica do ano en Foz

O xerente executivo da Área Sanitaria Francisco Soriano invita a todos, tanto a facultativos, enfermeiros, axudantes a domicilio como cidadáns a coñecer esta nova modalidade de atención sanitaria que xa está a funcionar. Tense previsto a ampliación dos concellos participantes a partir de mediados de xaneiro, coa ampliación do persoal que atenderá este servizo. O horario de traballo é de 8 a 21 horas e xa funciona para os concellos de Burela, Xove e Cervo.

Explicarase que criterios determinarán que pacientes poderán recibir esta asistencia especializada: enfermos crónicos, pulmonares, … ou operados en determinadas patoloxías que poderán estar nas súas casas para a súa recuperación. Tamén se explicará o importante que é a implicación familiar para este tipo de servizo e os recursos que poderán atopar como un número de teléfono a calquera hora, ademais das visitas do persoal do servizo.

Será a última charla médica de este ano, donde tiveron especial atención non so os facultativos senón médicos de primaria e enfermería. José Luis Fernández, médico de HADO dará esta charla acompañado polo subdirector médico Ignacio Núñez, ás 20:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura.

O Alcalde, Javier Jorge Castiñeira, agradece ao Xerente Francisco Soriano e ao seu equipo, especialmente a Ignacio Núñez presente en todas as charlas, pola boa acollida que tiveron á hora de afrontar a organización destas charlas e ao traballo da OMIC, e seguir un ano máis achegando a información sanitaria a todos os cidadáns de Foz e contorna.

Exit mobile version