Site icon Crónica3.com A Mariña

Unifoz critica a convocatoria do Pleno Extraordinario “por defender un posicionamento político do PP”

UNIFOZ, ten que denunciar a convocatoria do Pleno Extraordinario feita pola Sr Castiñeira, para defender un posicionamento político do PP, e para facer política, empregando o cargo de Alcalde e o Concello.

UNIFOZ, pídelle ao PP, que en lugar de renunciar as dietas de ese Pleno, que sexa o PP o que pague as dietas de ese Pleno a toda Corporación, pois que sentido ten renunciar a estas dietas e non a outras de outro Pleno.

Entendemos que o grupo do PP na Deputación, ten que ser o que reclame contar acordos de está entidade si non está de acordo.

Un Alcalde, que non quixo debater en un pleno extraordinario un Plan de Emprego, presentado por PSOE e UNIFOZ.
Un Alcalde que sempre votou en contra de plans de emprego.
Un Alcalde, que prefire privatizar servizos, que non convocar prazas temporais (xardinería, limpeza viaria).
Un Alcalde que so ten dous traballadores para Axuda no Fogar, e nin pediu máis persoal no Plan de Cooperación.
Un Alcalde que deica de pedir axudas para o Noso Concello (polígono industrial, equipamentos culturais.)
Un Alcalde que non se acolle aos planes da Deputación que son gratuítos para o Concello, (rede Wifi, Aforro enerxético.)

Este Alcalde lle preocupan OS PLANS DE EMPREGO AGORA E CONVOCA UN PLENO EXTRAORDINARIO.
UNIFOZ, fixo unha proposta de acordo :

Pedir da Deputación un PLAN DE EMPREGO PARA CONCELLOS DE MÁIS DE 5000 HABITANTES.
Pero o sr Alcalde , que anda a piñón fixo,, segundo lle dirixen na sombra non quixo aceptar a proposta,, para non saírse do guión, da escena, do teatro que queren facer con esa forma de facer política.

Así pois UNIFOZ está de acordo con que a Deputación faga un Plan de Emprego para concellos de máis de 5000 habitantes, con usas bases especificas para este Plan.

Exit mobile version