Site icon Crónica3.com A Mariña

Unifoz pide un convenio de colaboración entre a DXT e o Concello

Unifoz presenta unha moción para debater no Pleno da Corporación Municipal de Foz relativa á sinatura dun convenio entre a Dirección Xeral de Tráfico e o Concello de Foz.

O seu portavoz, Jaime Cancio, recorda que “o noso Pobo e en particular o casco urbano de Foz é o lugar onde se realizan os exames para sacar o permiso de conducir dende fai anos”; polo que esta circunstancia “nos obriga a ser especialmente coidadosos co mantemento de sinalización vertical e horizontal, o que supón un esforzo económico para o noso Concello”.

Así pois, Unifoz propón que a Corporación Municipal acorde instar a Dirección Xeral de Tráfico, do Ministerio de Interior, para a sinatura dun convenio co noso Concello, para a elaboración e execución material dun proxecto de sinalización horizontal e vertical, eliminación de pasos de peóns elevados, por dispositivos electrónicos de control de velocidade , medidas de accesibilidade para peóns con discapacidade, campaña de seguridade vial para o noso Pobo.

Exit mobile version