Site icon Crónica3.com A Mariña

Unifoz piden ao Concello que solicite a FEVE un apeadeiro na praia da Areoura

UNIFOZ presenta unha moción para tratar no vindeiro Pleno instando á Corporación Municipal que solicite do FEVE a instalación de un apeadeiro na praia da Areoura para incluíla como parada e que os veciños e veciñas poidan desprazarse a esta praia por este medio de transporte.

Dende Unifoz argumentan que na praia da Areoura “todos os anos na época estival hai moitas dificultades para poder aparcar a gran cantidade de vehículos que a mesma se desprazan”. E “tendo en conta as dificultades para poder crear un aparcamento público na zona, consideramos que a liña de FEVE, podía ser unha canle de comunicación para moitos dos usuarios desa fermosa praia, que a súa vez, tamén podería dinamizar este medio de transporte”.

Exit mobile version