Site icon Crónica3.com A Mariña

Unifoz presenta dous rogos sobre a iluminación do parque infantil da rúa Álvaro Cunqueiro e da estación de autobuses

Jaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor, Mª Ángeles Veiga Varela en representación do grupo Municipal UNIFOZ na Corporación Municipal de Foz presentan un rogo sobre o parque infantil situado na rúa Álvaro Cunqueiro.

Dende Unifoz critican que “ao marxe do seu estado de conservación, non dispón de alumeado suficiente para esta época do ano, pois ás 18:30 h, practicamente xa non se pode utilizar, debido a que o abandono de este goberno, decidiu apagar unha luminaria que hai fronte ao mesmo, agravado todo isto porque fai uns días pechou ás súas portas un centro comercial colindante co mesmo”.

Polo mesmo, Unifoz rógalle ao equipo de goberno que tome as medidas oportunas para corrixir esta situación; xa que “no caso de que un veciño ten que acudir a farmacia de garda, encontrase coa dificultade de saber cal é a que está en servizo”.

Así mesmo, propoñen que a pantalla luminosa instalada no cruce de Avda. Mariña con Álvaro Cunqueiro podía incluír esa información.

E, por outra banda, UNIFOZ rógalle tome en consideración o exposto e proceda a regular o funcionamento do alumeado público da estación de autobuses debido a que “moitos dos usuarios da Estación de Autobuses de Foz se queixan do abandono das instalación por parte do equipo de goberno e, de forma especial, da falta de alumeado nesta época do ano”.

Exit mobile version