Site icon Crónica3.com A Mariña

Unifoz solicita a corrección de deficiencias no PXOM en Fontao, Valmaior e nas zonas verdes das estradas de Ferreira-Foz e na de Fazouro

UNIFOZ denuncia que os lugares de Fontao non está tratados no Plan Xeral de Ordenación Municipal “algo que nos parece difícil de entender, dada a antigüidade do lugar e as súas construccións”.

Esa foi unha das conclusións que o grupo municipal de Unifoz sacaba da xuntanza cos veciños de San Acisclo celebrada este venres para ofrecer información e recoller as súas propostas sobre o Plan Urbanístico.

Ademais, critican que “tampouco se recolle como terreo público, zona verde o terreo entre a estrada de Ferreira –Foz e estrada de Fazouro”. Polo que solicitan que se tomen en consideración estas propostas e se corrixan estas deficiencias, “xunto ás das casas de Valmaior”.

Exit mobile version