Site icon Crónica3.com A Mariña

V Festival HABITARTE de cine SOStible “Creando Resistencias”

La Casa Azul, O Formigueiro e Amarante son organizacións sen ánimo de lucro que desenvolven a súa actividade entre o Noroccidente de Asturies e A Mariña lucense, na defensa dun mundo rural sustentable e dun desenvolvemento máis xusto e humán.

Coa intención de reforzar a cooperación, unen as súas enerxías neste V festival HABITARTE de cine SOStible que a Casa Azul vén celebrando hai cinco anos en Asturies.

Nesta edición, o lema que vincula as obras a proxectar é o de “Creando resistencias”. Animamos sen reparo á crítica construtiva, á creación de propostas e desenvolvemento de experiencias alternativas que superen a crise actual de valores, ecolóxica, sociocultural, política e económica. Valla como botón de mostra este encontro de cine que une a tres colectivos amigos dispostos a traballar xuntos.

Queremos facer visíbeis, máis unha vez, as distintas miradas e realidades sobre esta paisaxe e hábitat no que vivir, convivir e sobrevivir. Miradas sensíbeis feitas cine por creadoras e creadores locais, rexionais e internacionais. Unha aposta na defensa dun patrimonio rural e natural, cultural e social, económico ou artístico, que consideramos imprescindível compartir, conservar e mellorar.

Crear resistencias non é unha utopía senón a demostración real de que outros mundos son, sen dúbida, posíbeis, aquí perto, en territorios irmáns e entre comunidades máis lonxanas. Esta é a nosa modesta aportación a unha loita chea de esperanzas e oportunidades.

Deixemos o pesimismo para tempos mellores. Cando as cousas se poñen difíciles, o optimismo convértese case nun deber moral. É a intelixencia decidida a determinar o futuro. Non é só un sentimento, senón unha maneira de mirar e de actuar ante a vida.

Esta é, por tanto, unha iniciativa aberta a todos os públicos, para oir todas as voces, recoller todas as propostas e unir todos os esforzos na defensa do noso mundo e a nosa cultura. Desde aquí, animámosvos a participar e colaborar polo éxito deste fascinante encontro. Agradecémosvos de antemán que lle deades toda a difusión posível. Sentídevos na vosa casa azul neste V Festival HABITARTE.

PROGRAMA DO FESTIVAL

VENRES, 22 de Novembro
19:00 h

Curtametraxe:
“BUT I’M A NICE GUY” (Pero se son un bo rapaz) (40”). Scott Benson
Curtametraxe:
“LIBRE” (4’ 23”). Joaquin Oristrell
Documentario:
“A LA DERIVA, POR LOS CIRCUITOS DE LA PRECARIEDAD FEMENINA” (Á deriva, polos circuitos da precariedade feminina) (50’).
Precarias a la Deriva

Coloquio

21:00 h

Curtametraxe:
“EL ATAQUE DE LOS ROBOTS DE NEBULOSA 5” (O ataque dos robots de nebulosa 5)(6’ 30”). Chema García Iglesias
Filme:
“HOME” (Lar, doce lar) (98′). Ursula Meier

SÁBADO, 23 de Novembro
19:00 h

Documentrailer
“CONTUBERNIOS LÍRICOS: X EDICIÓNS REXISTIENDO” (Contubernios líricos: X edicións resistindo (10’). J.K. Álvarez
Documentario
“2 ANOS MADREÑEANDO EN OVIEDO” (2 años madreñeando en Oviedo) (10’). C.S.O.A. La Madreña.
Documentario:
“LOS COLORES DEL VIENTO” (As cores do vento) (40’). Iván Menéndez

Coloquio coas/cos realizadoras/es

21:00 h

Curtametraxe:
“THE TREE” (A árbore, o poder da actitude) (2′ 32”). Lead India
Filme documental:
“SEMILLAS DE TRANSICIÓN, LA VOZ DEL VIENTO” (Sementes de transición, a voz do vento) (92′). Carlos Pons

Exit mobile version