Site icon Crónica3.com A Mariña

Vega agradece a colaboración dos lucenses que permitiron que coa cea benéfica “se faga realidade que centos de nenos podan ter un agasallo de Nadal”

Lugo, 23 de novembro de 2013.- O presidente de Novas Xeracións do Partido Popular de Lugo, Daniel Vega, agradece a colaboración dos lucenses que permitiron que coa cea benéfica celebrada onte se fixese realidade que centos de nenos podan ter un agasallo de Nadal.

Vega fixo balance e explicou que á cea celebrada no restaurante Torre de Núñez asistiron en torno a 150 persoas, que levaron en bo estado un ou varios xoguetes, para que “cun grao de area se podan satisfacer aos desexos dos máis pequenos”. De igual maneira, o presidente provincial dixo que a “solidariedade nunca pode ser un sacrificio e a caridade e dar e darse”

Nesta cea participou a cantante do Incio, Lucía Pérez, e estiveron presentes, entre outros, o secretario xeral do PP de Lugo, José Manuel Balseiro; así como a delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias; xunto a outros cargos da Xunta de Galicia, deputados autonómicos e alcaldes.

Campaña: “Comparte un sorriso”
Esta cea benéfica encádrase dentro da campaña de recollida de xoguetes “Comparte un Sorriso”, que serán entregados a Cáritas Diocesana de Lugo.

Así todas aquelas persoas que desexen colaborar con esta acción solidaria, poden depositar o seu xoguete ata o 31 de decembro tanto na sede do PP de Lugo (Poeta Ramón Cabanillas, nº 14), como na oficina do grupo municipal popular do Concello de Lugo ou en calquera sede popular dos 67 concellos da provincia.

Exit mobile version