Site icon Crónica3.com A Mariña

Veiga anuncia o apoio da Vicepresidencia da Deputación ao “Espírito Riotorto” contra o copago

rIMG_5785Lugo, 4 de novembro de 2013. Antonio Veiga anunciou o apoio da Vicepresidencia da Deputación á iniciativa que xurdiu o pasado 26 de outubro na asemblea celebrada en Riotorto onde se reuniron desde colectivos sociais, colexios profesionais, plataformas en defensa da sanidade, ata concelleiros de diversas cores para buscar unha solución ao copago de fármacos de dispensación hospitalaria imposto polo Goberno do Estado e aplicado pola Xunta de Galiza

A día de hoxe, as distintas asociacións están reuníndose para preparar distintas mobilizacións para reclamar unha solución ao copagamento farmacéutico; moitas delas terán lugar o vindeiro venres 8 de novembro nos hospitais públicos da provincia de Lugo.

“Queremos manifestar a nosa solidariedade e o noso apoio a todos eses colectivos que traballan a prol dunha sanidade pública gratuíta e universal, e nese sentido ratificar o noso apoio e todas as medidas que sexa necesario adoptar”, concluíu Veiga.

Exit mobile version