Site icon Crónica3.com A Mariña

Viaxe a Cuenca na ponte da Constitución

Amigos das Viaxes organiza unha nova excursión para a ponte de decembro a Cuenca, Alcázar de San Juan, Belmonte, Argamasilla de Alba e Tomelloso, entre outras localidades. Para a viaxe, que se desenvolverá entre o 6 e o 8 de decembro con saída ás 23.30 horas dende Cangas pasando polo resto das habituais localidades focegas, quedan aínda prazas libres. O seu prezo é de 174 euros coa viaxe, aloxamento en pensión completa e billete de AVE entre Cuenca e Madrid incluídos. As prazas son limitadas e os interesados pódense anotar contactando con Jaime Cancio no teléfono 609 822 649.

Exit mobile version