Site icon Crónica3.com A Mariña

Viaxe a Ortigueira no ‘Ribadeo, Catedral do Mar’

Este mércores 13 de novembro seguen as actividades do proxecto Ribadeo, catedral do mar, que se presentou hai uns días na Casa do Concello. Un grupo de empresas que están dadas de alta na “Rede de empresarios” deste proxecto serán as protagonistas desta nova acción. Trátase dunha viaxe a Loiba, no concello coruñés de Ortigueira. Ás 9:15 horas o grupo sairá da Oficina de Turismo de Ribadeo cara Loiba. Alí a partires das 11 da mañá coñecerán a “Ruta das Algas” nos cantís e nas praias de Loiba, da man de Loli Rubido da empresa Roteiros Lexendarios. O que se pretende “é que os participantes nesta viaxe coñezan experiencias nas que traballar en rede e de interese para os resultados das súas empresas”. Xa a partires das 14 horas terá lugar unha comida e a volta a Ribadeo está prevista para as cinco da tarde.

Exit mobile version