Site icon Crónica3.com A Mariña

Volta ó pasado na Moncloa

A Sociedade Cultural Ledicia, en colaboración coa Asociación de Xubilados da Moncloa, organiza unha actividade familiar enfocada principalmente a que os nenos e nenas de Burela teñan a oportunidade de conversar e oír de viva voz a experiencia dos “avós” do mar. Botaremos unha mirada ó pasado para lembrar os costumes dos nosos antergos en relación coa música e o seu xeito de divertirse. Tódalas persoas interesadas poden achegarse ata a Moncloa a partir das 18:30 h.

Exit mobile version