Site icon Crónica3.com A Mariña

Xuntanza dos veciños de Cangas sobre o PXOM

A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Real, Rañadoiro e Agudo, convidan a asistir a unha xuntanza sobre o PXOM que se celebrará o venres 29 ás sete da tarde. Dende a C.M.V.M.C. pretende así, “aportar un pouco de luz aos veciños e veciñas de Cangas ante a complexidade do Plan Xeral de Ordenación Municipal que terá incidencia sobre a parroquia”. Deste xeito, os veciños e veciñas poderán “defender os seus patrimonios” a través da aclaración de dúbidas e posibles alegacións a cargo de técnicos da empresa DESARROLLOS URBANISTICOS Y GESTION DEL SUELO, S.L. (DURBAN).

Exit mobile version