Site icon Crónica3.com A Mariña

A AGDSP critica a Lei de Garantías de Prestacións Sanitarias aprobada pola Xunta

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública denuncia que “o Goberno Galego aprobou, grazas á maioría absoluta, a denominada Lei de Garantías de Prestacións Sanitarias que fixa un máximo de 60 días de espera para intervencións cirúrxicas e 45 para consultas e proveas diagnósticas; posibilita a libre elección de médicos, enfermeira e hospital; a segunda opinión medicas sobre algunhas enfermidades; posibilidade de manifestar instrucións previas; e a recibir información sobre dereitos e deberes dos pacientes”.

Deste xeito, consideran que:

1.- A Lei é innecesaria e un refrito lexislativo, xa que estas medidas están recolleitas en múltiples leis Estatais e Autonómicas.

2.- Pon limite o tempo de espera, que si se supera da dereito a ir a un centro privado (pagado con diñeiro público). A Xunta sabe que os tempos fixados son imposibles de levar á práctica tralos recortes de persoal e da actividade dos centros públicos (en Vigo o 68% dos pacientes espera máis dun ano e o 22,8% máis de dous , cun crecemento do 64% no último año), como consecuencia os centros privados recibiran centos de pacientes a pagar con diñeiro público. Ademais a Lei beneficiará aos enfermos máis ricos que podan pagar as intervencións e esperar a que o sistema devólvallas.

3.-A Libre elección de medico/a xa está recoñecida desde fai anos, a de enfermeira/o atenta contra a estrutura dos equipos en Atención Primaria, e a de hospital en toda a Comunidade Autónoma, impedirá a planificación dos recursos e ten como obxectivo final abrir un mercado sanitario en toda a CCAA, facilitando que os hospitais privados podan conseguir clientes en toda Galicia (pagados cos orzamentos públicos) .

4.- O dereito á unha segunda opinión, instrucións previas e información sobre dereitos e obrigas, xa está recoñecido de xeito exhaustiva polo ordenamento vixente.

En resumo, critican que se trate dunha lei “no máis puro estilo de marketing político (para mellorar a imaxe dunha administración deteriorada polos copagos, recortes e privatización), destinada fundamentalmente a favorecer aos hospitais privados concertados e a crear un mercado sanitario público privado en Galicia”.

Exit mobile version