Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación de Axuda ao Enfermo Mental “A Mariña” celebra a chegada do Nadal

nadal-asociacionaaxudaOs usuarios e monitores dos diferentes dispositivos da Asociación “A Mariña” (Centros de Rehabilitación Psicosocial e Laboral, Piso Protexido e Unidade Residencial) celebraremos a chegada destas datas tan especiais con dúas actividades ao longo desta semana. Comezaremos cunha xornada moi festiva o próximo xoves día 19 que culminará cunha gran comida de todos os usuarios no Hotel Nordés, e participaremos o próximo domingo día 22 no Mercadillo de Nadal que se organiza en Burela, dende as 12 e ata as 20 horas dese día.

No mercadillo exhibiremos parte dos traballos realizados polos nosos usuarios nos diferentes talleres nos que participan. Entre outros productos, poderán verse e mercarse os nosos “xabóns solidarios”, realizados no Taller de Xabóns que subvenciona a Fundación Mapfre, así como unha gran diversidade de artículos realizados no Taller de Foami, actividade subvencionada polo Excmo. Concello de Burela. Os nosos usuarios serán os encargados de atender o posto no Mercado, o que é moi importante e significativo para eles. Esta participación redundará nunha mellora significativa da súa autoestima, xa que venderán aqueles productos feitos con tanto mimo e tesón, e por suposto contribuirá á normalización e visibilización da realidade da enfermidade mental, ainda moi estigmatizada.

Exit mobile version