Site icon Crónica3.com A Mariña

A aula CeMIT de Barreiros seguirá por videoconferencia unha xornada na que se analizarán novos perfís profesionais na era dixital

Burela, 4 de decembro de 2013. A Aula CeMIT de Barreiros seguirá mañá, 5 de decembro, unha charla por videoconferencia sobre Novos perfís profesionais na era dixital. Será de 9:30 a 14:30 horas.

O obxectivo da xornada que se impartirá desde o Centro de Innovación Cultural e Modernización Tecnolóxica de Galicia é amosar aos asistentes perfís de nova creación que atenderán a futuras necesidades das empresas e habilitar un foro de mozos e mozas galegos, exemplos de emprendemento, que traballan no que máis lles apaixona, o mundo dixital.

As persoas interesadas en acudir a esta charla por videoconferencia poden anotarse no seguinte teléfono: 639 87 66 71 ou acudindo á propia Aula CeMIT. Esta xornada tamén será seguida polas Aulas CeMIT de Vigo, Vilagarcía, Celanova, Lalín, Cerceda, Tui, Monforte de Lemos e A Coruña.

Exit mobile version