Site icon Crónica3.com A Mariña

A blogueira experta en moda Silvia Navarro participará este venres en ‘Ribadeo Fashion Night’

Silvia NavarroRibadeo, 5 de decembro. A blogueira experta en moda Silvia Navarro participará este venres 6 de decembro, en Ribadeo Fashion Night, un evento no que se dan cita catro tendas da localidade, unha perruquería e un local de ocio.

Silvia Navarro preséntase no seu blog e na su páxina web www.1sillaparamibolso.es como “una chica normal que hace 3 años (agosto 2010) decidió crear sobre una plantilla sencilla de blogger y alguna foto de móvil lo que hoy es 1sillaparamibolso, un blog que ha ido creciendo junto a vosotras, aprendiendo que hay miles de estilos distintos y todos ellos igual de válidos, un blog donde día tras día intento mostrar mi particular manera de entender la moda, más allá de las tendencias”. O seu blog recibe 2.500.000 de visitas mensuais, conta con 46.000 seguidores en twitter e a máis de 159.000 persoas gústalles o seu perfil de facebook.

Silvia Navarro é autora dun libro, que está sendo presentado en varias cidades españolas, e conta coa súa propia liña de moda.

Esta conocida blogueira acudirá a todas as firmas que participan na Ribadeo Fashion Night. Ás 10:30 da mañá estará na perruquería Imag_n 365 e xa pola tarde os amantes da moda que queiran escoltar os seus consellos poderán vela ás 18:00 horas en Petite Toe, ás 19:00 horas en Modesto G, ás 20:00 horas acudirá a Siete Pecados, ás 21:00 horas estará en Hola Ola e a partir das 23:00 horas Silvia Navarro estará na festa que se celebrará no Molino.

Ribadeo Fashion Night está organizada por Ribadeo de moda e Donapubli Eventos.

Imag_en 365 ofrecerá un 20% de desconto en productos de perruquería e invitará a almorzar ás clientas que se acehguen ó seu local. Siete Pecados sorteará un vale de compra de 100 euros e ofrece descontos do 30% nas súas prendas, ó igual Petite Toe, onde ademais haberá un picoteo. En Hola Ola haberá descontos nos seus artigos do 20%, cupcakes e mimosa cocktail. En Modesto G tamén haberá descontos do 20%, un photocall e unha mesa doce, a tarde estará amenizada por un Dj. E no Molino terá lugar o fin de festa con afterwork, invitación da segunda consumición ás rapazas, photocall e sorteo de agasallos das firmas participantes en Ribadeo Fashion Night.

Exit mobile version