Site icon Crónica3.com A Mariña

A Casa da Cultura de Burela acollerá o luns un espectáculo para previr a violencia de xénero entre @s moz@s

Burela, 14 de decembro de 2013. A Casa da Cultura de Burela acollerá o vindeiro luns, 16 de decembro, ás 12:45 horas un espectáculo titulado I´ll be watching you (Hei estar vixiándote), que ten como obxectivo previr a violencia de xénero entre os rapaces e rapazas. Forma parte dos actos organizados polo Concello en colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia en conmemoración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero.

A concelleira de Muller e Igualdade, Diana Durán, explicou que “é un proxecto pedagóxico, teatral, lúdico e musical que analiza os roles de xénero que transmiten as cancións de temática amorosa da música comercial de consumo masivo. Os obxectivos son actuar na prevención da violencia de xénero e promover o pensamento crítico entre os rapaces e rapazas”.

Diana Durán anunciou que “está prevista a asistencia duns 200 alumnos e alumnas de 2º, 3º e 4º de ESO dos institutos de Burela”.

Exit mobile version