Site icon Crónica3.com A Mariña

A Casa da Cultura de Burela acollerá un curso de risoterapia dende xaneiro ata maio

Burela, 17 de decembro de 2013. O Concello de Burela organiza un curso de risoterapia que se vai desenvolver dende xaneiro ata maio do vindeiro ano 2014. Hai 20 prazas e a inscrición ábrese o día 23 deste mes de decembro. A actividade levarase a cabo na aula de familia da Casa da Cultura.

Os interesados en participar deben inscribirse na Casa do Concello en horario de 7:45 a 15:15 horas. O prazo remata o 10 de xaneiro próximo. O curso empezará o 16 de xaneiro, xoves, e desenvolverase de 20:30 a 22 horas.

É unha actividade que está organizada polo Centro de Información ás Mulleres, dependente da Concellaría de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade, coa colaboración do colectivo Mujeres en Igualdad Burela.
A concelleira de Muller e Igualdade, Diana Durán, explicou que “dada a boa acollida que tivo a pasada edición deste curso e o interese amosado polos participantes decidiuse organizar de novo esta actividade”. E engadiu que “o equipo de goberno está moi satisfeito da demanda que teñen este tipo de iniciativas entre os veciños e veciñas de Burela, polo que temos previsto seguir traballando na mesma liña”.

Exit mobile version