Trátase do principal acceso á N-640, que é a estrada que une esta zona da Mariña coa capital luguesa, polo que rexistra 3.000 usurarios diarios ó ser empregada por veciños de Riotorto, A Pontenova e Trabada, principalmente. “Arranxar este vial sempre foi unha prioridade para este Goberno Provincial”, recalcou Martínez neste senso. Por este motivo, explicou, o organismo provincial inviste 1,4 millóns de euros (400.000 euros nas expropiacións e 1 millón de euros nas obras) e arranxa preto de 6 quilómetros (dende o punto quilométrico 0,000 ó 5,800), eliminando curvas, ensanchando o vial ata os 8 metros, aglomerando e sinalizando. O prazo de execución destes traballos é de 6 meses.
Mentiras e bloqueos
“Logo de prometer estas obras durante dúas décadas e non facelas, antes das eleccións municipais do 2007 o Partido Popular aprobou o famoso plan dos 50 millóns de euros, no que incluíu estes traballos. Cando chegamos ó Goberno Provincial, o único que nos atopamos foi un plan sen cartos e sen terreos. O PP voltou a enganar ós veciños”, lembrou o Deputado. Martínez destacou que, “ante esta situación, tivemos que comezar dende cero, poñendo en marcha o proceso de expropiacións que é, por lei, previo e imprescindible ás obras. Conseguimos expropiar o 70% dos terreos. No 2010, remitimos ó Xurado de Expropiacións a documentación necesaria para que este departamento, dependente da Consellería de Infraestruturas, dictaminase o xustiprezo do 30% restante. A Xunta tardou 2 anos en facelo. Bloqueou estas obras outros 2 anos máis”, remarcou.
Problemas económicos da adxudicataria
Conseguidas as 200 fincas necesarias, para as que a institución achegou 400.000 euros, a institución elaborou o proxecto, licitou e adxudicou as melloras, investindo 1 millón de euros. Cando a adxudicataria estaba a levar a cabo as primeiras escavacións e estudando o terreo para fixar a rasante –a altura da vía-, os problemas económicas da contratista obrigaron á paralización temporal das obras. A Deputación tivo entón que resolver o contrato, avaliando en primeiro lugar os traballos levados a cabo pola empresa. A liquidación destas obras resultou cun saldo a favor do organismo provincial de 37.000 euros, que a adxudicataria tivo que devolver á institución. Seguidamente, redactou un novo proxecto, que se adxudicou por 516.000 euros, procedentes da partida de 1 millóns de euros xa designada, é dicir, non se incrementaron os custes.
Calumnias
“Durante todo este proceso, orixinado por problemas alleos á Deputación, o Partido Popular só se adicou a calumniar a este Goberno Provincial e a mentir novamente ós veciños, dicíndolles que non iamos a facer as obras. Deberían pedir desculpas pola súa campaña de difamación e panfletos, polas súas calumnias e mentiras, por non defender os intereses dos lucenses e deste institución. Non é a primeira vez que o fan. Fixérono con estas obras en Riotorto, co Orzamento da Deputación para 2013, que o tentaron boicotear, interpoñendo un recurso contencioso que o xulgado o tumbou ata en dúas ocasións, ou co caso Gazeley, chegando a apoiar a unha multinacional de Dubai, a pesares de que isto supuxese que os lucenses tivésemos que pagar 4 millóns de euros públicos. É hora de que o Partido Popular pida desculpas e que defenda, dunha vez por todas, os intereses dos lucenses e non seus intereses partidas. É cuestión de responsabilidade”, sentenciou o Deputado.