Site icon Crónica3.com A Mariña

A Escola Municipal de Música ofrecerá un concerto de Nadal na Casa da Cultura este xoves

Burela, 18 de decembro de 2013. A escola municipal de música de Burela ofrecerá un concerto de Nadal este xoves ás oito da tarde na Casa da Cultura. Este mesmo día tamén ofrecerá unha actuación no Hospital da Costa, que será pola mañá, e outra na residencia da terceira idade, pola tarde.

O programa do concerto que se vai celebrar na Casa da Cultura inclúe 19 pezas, a maior parte delas son panxoliñas, pero tamén hai temas populares de Nadal e outro tipo de música. Entre as pezas que interpretarán diferentes agrupacións formadas por membros da escola municipal de música están A Marimorena, Ghost Dance, Philadelphia Mambo, Noche de Paz, Jingle Bells Rock ou Last Christmas.

A concelleira de Cultura, Mónica Pedre, agradeceu “o traballo que fan os alumnos e os mestres da escola de música para que estes concertos se poidan levar a cabo” e anima “aos veciños e ás veciñas de Burela a acudir a esta cita na Casa da Cultura”.

Exit mobile version