Site icon Crónica3.com A Mariña

A festa de Noitevella do Hotel Restaurante Voar inclúe un menú especial con cinco pratos e a actuación do cantante hispano arxentino Daniel Bravo

Ribadeo, 18 de decembro de 2013. A festa de Noitevella organizada polo Hotel Restaurante Voar, de Ribadeo, inclúe un menú especial con cinco pratos e a actuación do cantante hispano arxentino Daniel Bravo.

O menú para a cea elaborado polo equipo de cociña do restaurante Voar está composto por crema de bogavante, lagostinos ao forno, suprema de pescada ao pil pil, solombo de porco ibérico con queixo de San Simón e sobremesa especial, ademais de delicias de Nadal. Os viños elixidos para esta ocasión son o Rioja crianza Gran Condal, o Albariño Burgáns e cava. O hotel restaurante Voar ofrecerá tamén uvas da sorte e cotillón.

O baile estará amenizado pola actuación do cantante hispano arxentino Daniel Bravo, que xa foi o artista convidado na anterior festa de Noitevella do hotel restaurante Voar. Nesta ocasión ofrecerá novos temas, que acaba de incluír no seu repertorio, xunto a cancións que xa son clásicas nas actuacións de Daniel Bravo.

A reserva de mesa pode facerse nas instalacións do hotel restaurante Voar ou chamando ao teléfono 982 128 685. O prezo é de 65 euros por persoa e para os participantes na festa de Noitevella o hotel Voar ten unha oferta especial no aloxamento, polo que o paquete de cea-baile máis habitación ten un prezo de 80 euros por persoa.

Ademais o restaurante Voar ofrece unha gran variedade de pratos para disfrutalos na casa nas ceas de Noiteboa e Fin de Ano previo encargo.

Exit mobile version