Site icon Crónica3.com A Mariña

A Luz da Paz de Belén chega a Viveiro

Un ano máis a Luz da Paz de Belén chegará a Viveiro o vindeiro luns 23 de decembro baixo o lema ‘Mantén la llama encedida’, que fai referencia á prolongación no tempo, a esa “perseverancia” e á esencia mesma da actividade que consiste en facer que esa pequena luz percorra o mundo entero sen deterse, que hai que a mensaxe de Paz non se deteña nin no espazo nin no tempo. Este ano será recibida a nivel Diócese na localidade das Pontes onde será repartida entre todos os que se acheguen igual que foi distribuída dende Alicante ao resto dos rincóns de España dende a súa chegada o pasado domingo 15 do presente mes. A ceremonia de entrega da Luz, para o arciprestado de Viveiro será ás 9 da noite na Iglexa Conventual das Madres Concepcionistas, realizando a tradicional mensaxe de envío, para que parroquias e feligreses poidan ter nos seus fogares dita Luz durante todas as festas de Nadal.

Exit mobile version