Site icon Crónica3.com A Mariña

A xunta de persoal do Hospital da Costa chama a participar masivamente na folga e nas mobilizacións convocadas en defensa da sanidade pública galega

En Burela a 03 de Decembro de 2013 reunida de xeito extraordinario a Xunta de Persoal da Área Sanitaria Norte acorda:

“A Xunta de Persoal por maioría manifesta o seu apoio e adhesión á Folga de 48 horas na Sanidade Pública Galega que terá lugar o Luns 9 e Martes 10 de Decembro de 2013 para amosar o rexeitamento ás privatizacións, aos repagamentos e aos recortes laborais e salariais e reclamar unha sanidade pública de calidade, na que se garanta a universalidade e gratuidade das prestacións e unhas condicións laborais dignas.

Unha folga na que as cuestións fundamentais non son laborais ou corporativas, senón unha folga histórica en defensa da sanidade pública, para acabar con estas estratexias de desmantelamento e privatización do sistema público de saúde galego.

A Xunta de Persoal fai súas as reivindicacións dos sindicatos sanitarios convocantes e fan un chamamento ás traballadoras e traballadores e tamén á sociedade mariñá, a participar e apoiar a folga e manifestación que sairá do Hospital da Costa o día 10 ás 20:30 horas”.

Exit mobile version