Site icon Crónica3.com A Mariña

Aberta a inscrición para a San Silvestre de Ribadeo 2013 ata o día de Nadal

Ribadeo, 20 de decembro de 2013. Segue aberta a inscrición para participar na carreira San Silvestre 2013 que organizan o Concello de Ribadeo e a Área de Deportes da Deputación Provincial de Lugo. Será ata o 25 de decembro na seguinte páxina web: www.championchipnorte.com.

A San Silvestre correrase o 31 de decembro. Hai establecidas tres categorías: mini cun circuíto de 400 metros para nenos e nenas menores de 6 anos, con saída ás 16:40 horas. A milla, que percorrerán os rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 6 e os 11 anos, sairá ás 16:50 horas e a San Silvestre para maiores de 11 anos e cun percorrido de 5 kilómetros sairá a partires das 17 horas.

As persoas interesadas en participar poden obter máis información na Casa da Xuventude, chamando por teléfono ao 982 129 889 ou na seguinte dirección de correo electrónico: deportes@ribadeo.org.

Establécense varios premios en metálico e trofeos para os 3 primeiros absolutos, masculino e feminino e para os tres primeiros ribadenses, masculinos e femininos. E haberá tamén medallas para os 3 primeiros clasificados do resto de categorías e trofeos para o gañador e gañadora da mini san silvestre e da milla.

Exit mobile version