Site icon Crónica3.com A Mariña

ACISA organiza un taller infantil de manualidades este venres 27 no restaurante Sapote con entrada gratuíta

Ribadeo, 26 de decembro de 2013. ACISA organiza un taller infantil de manualidades que terá lugar este venres, a partir das catro e media da tarde no restaurante Sapore de Ribadeo, situado no nº 6 da rúa Villalba.

Segundo explican dende a directiva da Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios e Autónomos “los niños y niñas que acudan diseñarán y prepararán, entre otras cosas, la carta que le quieren hacer llegar a los Reyes Magos”. O taller concluirá cara ás seis da tarde. A entrada a esta actividade é gratuíta. A partir desa hora haberá un pasarrúas polas rúas comerciais de Ribadeo a cargo do grupo Kalandraka.

ACISA está ultimando tamén a visita que fará nos primeiros días do vindeiro ano o carteiro dos Magos de Oriente.

Exit mobile version