Site icon Crónica3.com A Mariña

Actividades de Nadal no Pastor Díaz

O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle esta fin de semana dous eventos moi propios destas datas. O venres 27, o concerto de fin de ano da Banda Municipal de Música de Viveiro a partir das 21.00 horas. E o sábado 28, a partir das 20.30 horas, un espectáculo de maxia dirixido aos nenos e nenas, e tamén aos maiores: “Martín Camiña. Momentos de asombro”.

Exit mobile version