Site icon Crónica3.com A Mariña

Actuación do Mago Antón en Foz

DalleMaxiaEste domingo 29 ás 19.00 horas o Mago Antón presenta o seu derradeiro espectáculo titulado ‘Dalle Maxia’ dentro do I Festival Máxico da Mariña que organiza a Asociación Cultural A Pomba do Arco na Casa da Cultura do Concello de Foz. O aforo é limitado; así que a taquilla vaise abrir ás 18 horas e permanecerá aberta ata o momento en que se rematen as entradas para vender. Os prezos desta actuación na que dirixe e participa o Mago Antón, acompañado de varios magos galegos, son de 3 € para non socios da Pomba do Arco e 1€ para socios, os socios poden reservar entrada chamando ao 606 630 113.

Exit mobile version