Site icon Crónica3.com A Mariña

AD Santiago de Foz e Burela FS repártense o trofeo do Nadal mariñán

Os títulos de campión do Trofeo do Nadal Mariñán de Imdecum repartíronse esta fin de semana entre a AD Santiago de Foz e o Burela FS. Mentres os focegos quedaron primeiros en Benxamín e Alevín, os burelaos impuxéronse en Infantil, Cadete e Xuvenil.

A competición futbolística reuniu 8 clubs da provincia luguesa, con 25 equipos e preto de 300 pequenas promesas. Xunto a AD Santiago de Foz e ED Burela FS, tamén participaron ED Lourenzá, Cidade de Viveiro, ED Alfoz-O Valadouro e EDM Cervo, ademais do Azkar Lugo FS e o Vilalba FS. Os pavillóns burelaos Vista Alegre e Monte Castelo, xunto aos focegos de Marzán e O Cantel, albergaron a fase de grupos o venres pola tarde e sábado pola mañá. As finais, o sábado pola tarde, disputaráronse na vila burelense, en Vista Alegre, Monte Castelo e Os Castros.

Xunto ao presidente de Imdecum, Marcelino Luna, participaron na entrega de trofeos o sábado pola tarde, coincidindo co descanso do partido de Primeira División LNFS, CD Burela FS Pescados Rubén-Peñíscola, o presidente do CD Burela FS, Manuel Blanco, e o deputado provincial Alfredo Llano.

Categoría Benxamín 1º CLASIFICADO A.D. Santiago de Foz (Foz) 2º CLASIFICADO E.D. Burela F.S. (Burela)

Categoría Alevín 1º CLASIFICADO A.D. Santiago de Foz (Foz) 2º CLASIFICADO E.D. Lourenzá (Lourenzá)
Categoría Infantil 1º CLASIFICADO E.D. Burela F.S. A (Burela) 2º CLASIFICADO E.D. Lourenzá “A” (Lourenzá)

Categoría Cadete 1º CLASIFICADO C.D. Burela F.S. A (Burela) 2º CLASIFICADO E.D. Lourenzá-Mondoñedo (Lourenzá)
Categoría Xuvenil 1º CLASIFICADO C.D. Burela F.S. A (Burela) 2º CLASIFICADO C.D. Burela F.S. B (Burela)

Exit mobile version