Site icon Crónica3.com A Mariña

Agustín Hernández vicesecretario xeral do PPdeG participará no xantar de Nadal do PP de Cervo

Cervo, 14 de decembro de 2013.- Douscentos cincuenta veciños e simpatizantes do Partido Popular de Cervo participarán este domingo no tradicional xantar de Nadal que se celebrará no restaurante Louzao de Area, a partir das 14.30 horas.

Os populares de Cervo estarán acompañados polo vicesecretario xeral do PPdeG, Agustin Hernández -actual conselleiro de Medio Ambiente, Transportes e Infraestruturas- xunto co alcalde, Alfonso Villares, o secretario xeral provincial e secretario do Parlamento galego, Jose Manuel Balseiro, a Delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias e outros cargos e concelleiros locais.

Para facilitar o desprazamento ata o restaurante os populares puxeron a disposición dos seus afiliados e simpatizantes un autocar que, percorrerá as parroquias co seguinte horario:

• Rúa-13.00h (Bar Primavera),
• San Román-13.30 (Escola),
• Cervo-13.45h (Casa do Concello)
• San Cibrao -14.00h (Casa do Mar)

Tamén habilitaron un teléfono, o 639 085 507, para resolver calquera dúbida.

Exit mobile version