Alcoa San Cibrao celebra a vindeira semana, do 2 ao 5 de decembro, a súa VII Semana da Seguridade e o Medio Ambiente que, como anteriores edicións, quere fomentar a cultura da saúde e a prevención de riscos laborais mediante conferencias divulgativas, talleres prácticos e coloquios impartidos por expertos e dirixidos a profesionais, centros educativos, asociacións veciñais e a empregados do complexo industrial da Mariña.
Rubén Bartolomé, director da fábrica, inaugurará as xornadas o vindeiro luns, no Pavillón de Deportes de San Cibrao, xunto ao alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, Mª Adela Quinzá-Torroja García. Así mesmo, poderanse visitar os stands instalados para a Semana tanto por Alcoa como polas empresas e entidades colaboradoras. O programa do día completase cunha sesión de prácticas de camións contra incendios.
A Casa de Cultura de San Cibrao acollerá o 3 de decembro a primeira das dúas xornadas técnicas previstas sobre prevención de riscos, seguridade das máquinas, protección de caídas e implantación de plans de emerxencia, que están dirixidas a persoal docente, municipal e alumnos de ciclos dos centros de ensinanza superior. Ademais, abrirase un stand de educación ambiental no pavillón de deportes que permanecerá aberto para os alumnos dos centros de educación primaria de Cervo e San Cibrao.
Nos talleres de educación ambiental, celebrarase tamén o evento “Día ALCOA do medio ambiente no cole”, que inclúe talleres, o espacio expositivo “Punto de Encontro” con paneis explicativos sobre a natureza e temas medioambientais, e unha gymkana ecolóxica, entre outras actividades coordinadas polos monitores de medio ambiente.
O día 4, o director xeral de Gas Galicia, Roger Serrat, informará sobre os usos do gas natural a todos os cidadáns interesados, e a Guardia Civil de Tráfico dará unha charla a alumnos dos colexios locais sobre accidentes na estrada.
O xoves, 5 de decembro, a saúde e o tratamento dos residuos serán os temas a tratar en sendas sesións abertas ao público xeral.
O xoves iniciarase tamén a plantación de 17.000 árbores autóctonos no municipio de Cervo, actividade patrocinada pola Fundación Alcoa e que forma parte do Programa Ardilla de ámbito nacional.
A Semana de Saúde, Seguridade e Medio Ambiente de Alcoa San Cibrao consolídase como foro de referencia na comunidade autónoma en prevención de riscos laborais e saúde, cunha variada oferta de calidade en todos os aspectos tratados.
Alcoa, líder en España no sector do aluminio, considera que os seus logros en saúde, seguridade laboral e medio ambiente son un dos seus principais indicadores de liderazgo global. Neste contexto, a fábrica de San Cibrao asumiron o compromiso de traballar de maneira segura e responsable, respetando o medio ambiente e a saúde dos traballadores e da comunidade, sen arriscar este compromiso por razóns económicas ou productivas.