Os alumnos realizaron rutas por Salduero e Molinos de Duero na beira do río. Practicaron inglés todo o día cos monitores e profesores do campamento a través de xogos como o Trivial, ginkanas, concursos televisivos… Levaron a cabo obradoiros relacionados co medioambiente: xogos de campo utilizando GPS, construcción de diminutas embarcacións con elementos da natureza preto do río, que despois competiron nunha carreira río abaixo.
Visitaron asemade o Museo do Bosque, situado no concello de Vinuesa (Soria), a pouca distancia dos Picos de Urbión e da Lagoa Negra, un lago glaciar con lendas que inspiraron a Gustavo Adolfo Bécquer e a Antonio Machado. A actividade no museo consistiu nunha viaxe virtual guiada pola paisaxe do Parque Natural de Sierra de Urbión e de Laguna negra, a súa fauna e a súa natureza. Debido as baixas temperaturas destes días, non puideron achegarse á Lagoa Negra xa que a ruta estaba cuberta polo xeo.
Ao longo da semana, todos os talleres, proxectos e actividades de lecer se realizaron usando a lingua inglesa, polo que a inmersión lingüística nesta lingua foi total.
Aproveitando a viaxe de regreso, visitaron a catedral de Burgos e puideron pasear polo casco vello de Astorga e ver a catedral e o Pazo Episcopal nesta cidade.