Site icon Crónica3.com A Mariña

As agrupacións locais de NN.XX. comezan este sábado a recollida solidaria de alimentos e xoguetes deste Nadal

Lugo, 20 de decembro de 2013.- A coordinara de Familia de Novas Xeracións da provincia de Lugo, Goretti Díaz, anunciou este venres que as distintas agrupacións locais que a formación ten na provincia iniciarán este sábado 21 a recollida solidaria de alimentos e xoguetes nos respectivos municipios.

A popular explica que todos os que o desexen poderán aportar o seu “grao de área” a través de Novas Xeracións do seu municipio coa doazón de alimentos non perecedoiros e de xoguetes que estean en bo estado.

Esta recollida de xoguetes está coordinada dende a agrupación provincial e xa dera comezo o pasado 22 de novembro cunha cea solidaria, na que participara a cantante do Incio, Lucía Pérez, e que permitira recadar uns 500 xoguetes.

A maiores os lucenses tamén poden deixar os alimentos e xoguetes na sede do PP de Lugo e nas dependencias do grupo municipal do Concello.

Díaz animou aos veciños a amosar o seu lado máis solidario e a facer así posible que as familias máis desfavorecidas podan “esbozar un sorriso no Nadal”, do mesmo xeito que agradeceu a implicación dos afiliados de Novas Xeracións en distintos concellos da provincia.

Por último, a popular lembrou que os xoguetes e produtos non perecedoiros recadados serán doados a Cáritas.

Exit mobile version