Site icon Crónica3.com A Mariña

As familias ribadenses máis necesitadas poderán beneficiarse da recollida de xoguetes ata o 3 de xaneiro

Ribadeo, 27 de decembro de 2013. A Concellaría de Servizos Sociais fai unha chamada a toda a xente que precise xoguetes para os seus nenos e nenas “a achegarse ao noso departamento ao longo dos vindeiros días”.

A campaña de recollida e reparto de xoguetes do Concello de Ribadeo está a piques de rematar, “pero aínda nos quedan xoguetes e outros agasallos, e queremos chegar a todas as familias que os poidan necesitar, non só as que recorreron a nós e coas que traballamos de xeito máis habitual”.

Os interesados poden acudir aos Servizos Sociais municipais, situados no auditorio Hernán Naval, ata o vindeiro 3 de xaneiro.

Exit mobile version