Site icon Crónica3.com A Mariña

Bendición do novo retablo da imaxe da Nosa Sra. do Camiño da Luz

Coa nova adquisición da talla da Nosa Señora do Camiño da Luz, bendecida n Semana Santa de 2013, a Xunta Directiva da Hermandad de las Siete Palabras de Viveiro quixo expoñer ao culto para a súa veneración a nova talla. O lugar elixido foi a igrexa conventual das Madres Concepcionistas de Viveiro e así no mes de xuño realizábase, despois de barallar varios artistas e bocetos o contrato co taller de Hermanos Caballero de Sevilla para a execución do mesmo. A obra, está realizada en madeira de castañeiro, tallada acorde cos magníficos retablos que se encontran na igrexa. Por iso, o vindeiro xoves 19 de decembro en dita igrexa conventual terá lugar ás nove do serán a bendición do novo retablo que albergará a imaxe da Nosa Sra. do Camiño da Luz.

Exit mobile version