Site icon Crónica3.com A Mariña

BNG e PSOE de Ribadeo rexeitan solicitar da Deputación a modificación das bases do Plan de Emprego Provincial que “deixa fóra aos preto de 6.000 desempregados da Mariña”

Na noite deste xoves a Corporación Municipal de Ribadeo rexeitou, co voto do PSOE e mailo do BNG, a MOCION presentada polo PARTIDO POPULAR na que solicita da Deputación Provincial a modificación das bases que regulan o programa temporal de fomento do emprego e posta en valor do territorio, recollidas no BOP do 9 de novembro de 2013, co obxecto de que podan participar todos os concellos da provincia e beneficien ao maior número de persoas desempregadas.

De “paradóxico e totalmente rexeitable”, cualificou a Concelleira do PP Campo Braña, que “feitos que nas nosas vidas tiñan que ser extraordinarios como é o desemprego se convertan en algo ordinario e ao que un xa se acostuma, e igualmente de rexeitable é que algo que tiña que ser habitual no Concello como era debater sobre o desemprego, sobre a promoción do emprego sexa algo extraordinario, e así se denunciou que durante toda a lexislatura solo en dúas ocasións a Corporación debatera sobre o “emprego”, e sempre a iniciativa do PP, unha no pleno do mes de marzo do 2012 no que o BNG e mailo PSOE rexeitaron unha moción polo emprego presentada polo PP e outra nesta ocasión na que novamente se rexeitaba unha proposta do PP que ten por obxecto protexer aos nosos desempregados e axudarlles a saír desta situación”.

“Resulta arbitrario e contrario ao principio DE IGUALDADE DOS CIDADÁNS ANTE OS SERVIZOS PÚBLICOS a aprobación pola Deputación Provincial de Lugo das bases que regulan unas axudas para o fomento do emprego e que solo benefician a 24 dos 67 municipios da provincia, de xeito que preto do 95% dos desempregados quedan fora deste plan da deputación, ao que, polo tanto, só poderán optar o 5,46% dos desempregados lucenses, dos que 8 son da Mariña dos preto de 6000 parados que rexistra a comarca, o que evidencia que NON TODOS OS PARADOS DA PROVINCIA SON IGUAIS PARA A DEPUTACIÓN, dende onde se prima e beneficia aos Concellos gobernados polo PSOE e mailo BNG, en detrimento dos demais”, criticou Braña.

Así mesmo, destaca que “fronte a arbitrariedade DO PLAN PROVINCIAL DE EMPREGO, o PLAN DE COPERACIÓN DA XUNTA subvenciona a contratación de desempregados de todos os concellos que solicitan os “OBRADOIROS DE EMPREGO”, denegándose únicamente a aqueles, como foi o caso de Ribadeo, que incorreron en erros na solicitude presentada e que non foron subsanados”.

“De irresponsabilidade e hipocrisía política tense que cualificar o comportamento de quen como o BNG se levanta pola maña esixindo da Xunta que combata a cifra histórica de paro da Mariña, mediante un plan que contribúa a recolocar a centos de mariñaos … e pola noite rexeita esixirlle ao Goberno Provincial esas mesmas actuacións”, continúa.

Fronte a eses comportamentos, o PP pediulles ao demais membros da Corporación Municipal que amosasen un acto de “valentía política, e que antepuxeran aos desempregados de Ribadeo e as súas familias por diante dos intereses dos seus Partidos, e que co seu voto non deran a súa aprobación a un plan de emprego provincial que da as costas a comarca da Mariña e aos seus desempregados”.

Exit mobile version