Site icon Crónica3.com A Mariña

Buril, Cultura do País, Adega e Mariñapatrimonio organizan un roteiro por varios xacementos arqueolóxicos relacionados coa ourivería prerromana

roteiro minas (7)Burela, 9 de decembro de 2013.- A meirande parte da xoiería prerromana de Galiza que chegou até os nosos días procede da Mariña. Un número importante destas xoias mariñás conforman a colección Álvaro Gil, recentemente retirada do Museo de Lugo e levada para unha cámara acorazada en Madrid.

As asociacións arriba citadas agardamos que esta situación se corrixa e regresen axiña ao Museo de Lugo. Para reivindicarmos a súa volta,organizamos este roteiro arqueolóxico polos lugares relacionados coa ourivería da Idade do Ferro na Mariña.

Comezaremos o roteiro visitando as minas de ouro da Espiñeira; posteriormente dirixirémonos a Marzán para ver dous dos seus castros: o do Carreiro e o Cu do Castro, onde se atopou o coñecido torques de Marzán. Trala visita do castro de Fazouro, desprazarémonos a Burela coas visitas ao hipocausto e ao castro de Castrelo.

En Burela teremos unha comida de confraternización.

Remataremos o roteiro na zona dos Castros e ás Tetas da Vinculeira, onde apareceron o torques e a arracada de Burela.

Os puntos e horas de encontro son:

DENDE LUGO:

9h30. Diante da facultade de Maxisterio (Avda. Reimundo de Borgoña, antigo Ramón Ferreiro).

O prezo é de 10€ para socios e 15€ non socios, e inclúe o autocarro a comida e o roteiro. A inscrición en: culturadopais@gmail.com. Inscribirse antes do 11 de decembro.

DENDE A MARIÑA:

11h15. Cruz do Lobo – Barreiros (O Asador).

O prezo é de 10 euros para socios, 12 euros para non socios, inclúe a comida e o roteiro.
A inscrición en: ccburil@gmail.com ou nos teléfonos 619553236 (Miguel) 616995013 (Roberto). Inscribirse antes do 12 de decembro.

*Foto: Roteiro divulgativo pola recentemente descuberta mina romana de ouro da Espiñeira celebrado en agosto no marco da conferencia sobre a ourivería prerromana na Mariña de Lugo, a cargo da directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro.

Exit mobile version