Site icon Crónica3.com A Mariña

Candia afirma que “Besteiro chega tarde á hora de botar sal nas estradas posto que hai zonas que levan días presentando moita perigosidade”

Lugo, 9 de decembro de 2013.- Tras coñecer o anuncio da Deputación de Lugo deste luns, o grupo provincial popular afirma que Gómez Besteiro chega tarde á hora de botar sal nas estradas provinciais, xa que hai lugares que levan moitos días presentando moita perigosidade.

Lembran os populares, que fai días, fixéronse eco das protestas de veciños e representantes locais, e urxiron ao Señor Gómez Besteiro a que botase sal nas estradas provinciais debido aos fenómenos meteorolóxicos do inverno, tales como as xeadas, presentes nos viais.

Tanto é así que o Grupo Provincial Popular presentou, o día 3 de decembro, un escrito no Organismo Provincial, solicitando a posta en marcha, con urxencia, das medidas preventivas necesarias nas estradas que así o requerían, especialmente nas rutas de transporte escolar, para reducir o risco que o período invernal xera nos viais.

Os populares lembran que a tardanza e ineficacia do Señor Besteiro, deu lugar a que se producise un sinistro na estrada provincial ao seu paso por Navia de Suarna, debido a acumulación de xeo na vía e lamentan que os cidadáns tivesen que expoñerse a este gran perigo nos viais provinciais debido ao pasotismo do Señor Gómez Besteiro, quen ata hoxe, non se pronunciou.

Exit mobile version