Site icon Crónica3.com A Mariña

Candia invita a participar a todos os afiliados na reunión que celebra o PP de Mondoñedo para facer balance da súa actividade anual

Mondoñedo, 20 de decembro de 2013.- O Partido Popular de Mondoñedo celebrará este sábado 21, unha reunión de afiliados. Así, a presidenta da formación local, Elena Candia, quere invitar a participar a todos os adscritos ao partido.

O encontro terá lugar no salón de actos da Casa da Xuventude da localidade a partir das 18:00 horas e nel darase conta da actividade promovida ao longo desta anualidade e a maiores recolleranse suxestións e orientacións para encamiñar o 2014.

Candia explicou que estas reunións serven de foro de contacto cos afiliados co obxecto de entre todos deseñar para o próximo ano un proxecto de consenso que recaia de forma óptima nos mindonienses.

Antes da xuntanza, celebrarase a renovación da executiva de Novas Xeracións na localidade. Bea Meilán é a moza mindoniense que opta a presidir a formación xuvenil vinculada ao Partido Popular.

Exit mobile version