Site icon Crónica3.com A Mariña

‘Canere son’ abriu o Nadal de Alfoz

canere_sonO grupo burelés “Canere Son” foi o encargado este ano de abrir co habitual Concerto Musical as festas do Nadal en Alfoz. Dúas guitarras facendo música celestial e seis voces acompasadas ó milímetro fabricaron para os espectadores asistentes á Casa da Cultura unha hora de goce musical. Non esaxeramos si dicimos que o concerto de “Canere Son” foi marabilloso e que as súas cancións recolleron un merecido e convencido aplauso por parte do público.

Exit mobile version